= reforestaciones de interior
05/06/2014
= reforestando
03/06/2014
= autoconversas en Domaio
10/02/2014
olhar aos olhos, autoconversa estivo en Domaio (Pontevedra) nos dias 1 e 2 de Febreiro e foi un sorriso total. A estructura a proba de augas e granizos, foi o espazo para tempos sonoros e visuais improvisados . Agradecementos todos a cantos olhos e demais sentidos vinheron a formar parte e/ou dar axudas na instalación-experiemento.
…
olhar aos olhos, autoconversa só quere vibrar. E ademais quere compartir esa vibración.
Está a crearse e quere ser un onde, onde a desorde temporal non altere o produto. Onde os minutos vaian libremente a mais ou menos de 60 xhora. Pretende conversar co micro e o macro, de tu a ti. E medirse cunha escala que se morde a cola.
Neste momento é un espazo-ficción móbil, dentro do cal se pode observar un ceo ficticio como a realidade mesma; É un espazo onde estar en horizontal; onde abrir os ollos (sentidos), para ver (percibir) todo o alá ao que se queira mirar (percibir), con cantos ollos abertos ou pechados (sentidos) quéirase ver (percibir) e onde ata a desobservación consciente e toda sinestesia son igualmente válidas.
É un experimento de instalación interactiva, no que tanto pesan as estruturas que dan o acubillo, como as vibracións que conteñen. Á fin e ao cabo non se sabe quen sostén a quen. Os observadores son tan benvidos como necesarios e co-protagonistas do sistema en estado de investigacion constante, nesta búsqueda dun espazo-tempo vibrable. Agora está vagamundeando e a xeito de parentesis en tres dimensións, irase instalando (temporalmente) naqueles espazos nos que dun ou outro xeito sexa benvida.
olhar aos olhos, autoconversaquere compartir, e á inversa. Tamén ten oídos e está a buscar, esperando visións sonoras que queiran formar parte da exploración de multi-pluri-observación. Isto é un convite aberto á colaboración sonora infinita.
Todos os sons son benvidos a formar parte do experimento-exploración. E o espazo sonoro está disponible para todos os xéneros, fontes, purezas… tanto se es o creador, como interprete ou portador. Tanto as musicas con 5 estrelas das listas de reproduccion, como improvisacións in situ, algun deses sons nos que sempre te quixeches converter, gravacións cacofónicas, intuicións musicais, revelacións, documentos sonoros, etc, etc. En modo solista ou formato orquestral; As únicas condicións: é que sexan en idioma universal e sexan o estímulo auditivo que desencadee a única ambición de latexar .
O convite é para a participación sonora, ademas de perceptora-observadora, no seguinte encontro- experimento- efémero, que será en Domaio ( Moaña, Pontevedra) nos dias 1 e 2 de febreiro. Entre as 18:00 e as 23:59 .
Actualmente olhar aos olhos, autoconversa está en estado ensaio-erro e así, mais ou menos, está a ser o seu formato:
O espazo-ficción está creado dentro dunha estrutura de tecidos-tenda nómade, en cuxo teito interior se proxecta a video-animacion «olhar aos olhos» (video 5 min, loop continuo), baixo o cal se distribúen coxíns sobre os que comoda e horizontalmente se poida ser/estar e observar o ceo-ficción, complementado dun estímulo auditivo. De modo libre, esta banda sonora estará creada polos asistentes-observadores que: poderán seleccionar a orde das reproducións musicais, previamente dispostas nunha lista modificable de reproduccion (creada á súa vez de forma colectiva coas achegas dos interesados en creala) ou engadir os sons que consideren (baixo a súa responsabilidade) á devandita lista, in situ; así como o control total dos modos repeat e repeat all; ou a posibilidade de electrica ou acusticamente, interpretando/improvisando, en grupo ou como solista, terán a total liberdade de reproducirse musicalmente en vivo (logo de organización e/ou por sorpresa total).
O trato será personalizado, asi que se queres podes achegar un link, enviar un cd regrabable contrarreembolso, presentarte no momento da instalacion cun metalofono ou cun coro en esperanto, mandar un pouco de silencio nun cassete a través dun amigo ou un infinito etc de posibilidades; só comunicate para concretar coordenadas de benvida.
ou di que é un amigo o interesado e aparece por sorpresa.
Cunha única advertencia: isto é un experimento!! Con todo o que iso implica. Pola maxima percepción da vibración, olhar aos olhos, autoconversa quere moitas cousas; como tamén quere que cada quen queira o que queira querer.
e aínda así, todos os oidos son benvidos acompañados ou non de sons!
= algures en ningures no M.A.R.C.O.
15/10/2013
» É unha descrición relativista dunha hipótese do onde. Un onde (no que) nada hai, onde o todo é posible (no que hai espazo para todo) Un onde baleiro que revela que nalgures hai un cheio. É o moito positivo que resulta o negativo. Multipluriposibilitando. Posibilitando a multi e pluriposibilidade. É unha vontade de cultivar baleiro. «
imaxes en desorden cronolóxico do proceso de como » ningures en algures» , a intervención nas paredes exteriores do M.A.R.C.O. parte da exposición Veraneantes
…
= algures/ningures
03/10/2013
contra-mapas, arqueoloxias e ningures / en processo arredor do M.A.R.C.O. / inaugurando proximo dia 11
(fotografias: Jann-Xan)
…
= Iniciando autoconversas. Olhar aos olhos
13/09/2013
Imaxes da animación «Olhar aos olhos» 01:59:00
Recreación do ceo e suposicións de estrelas, olhos e outros.
Inauguración da posta en escena da instalación que ainda en processo de creación, poderase disfrutar durante os dous próximos meses no MIHL na cidade de Lugo.
Agradecementos infinitos aos multiples colaboradores
…
= Olhar aos olhos
11/09/2013
Bosquexo inicial do que agora ultimo axustes do processo do trabalho da instalación «Olhar aos olhos, autoconversa » parte do ciclo Proxectos no MIHL (Lugo, GZ) a estrenar no dia de manhá. Arranca ás 20:00horas.
Boceto inicial de lo que ahora ultimo detalles del proceso del trabajo de la instalación «Olhar aos olhos, autoconversa» parte del ciclo Proxectos no MIHL (Lugo, GZ) que arranca mañana a eso de las 8.
…