= resumen reforestando en la Ribeira Sacra
22/12/2015
el resumen del proyecto Reforestando en la Ribeira Sacra que estuve cultivando durante los últimos tiempos, en exposición en la Sala Amadís (Ortega y Gasset 71, Madrid) parte de la exposición de Ayudas Injuve para la creación joven 2014, en la modalidad de Artes visuales.
Inaugurada el pasado 17 de diciembre y perceptible hasta el 27 febrero.
Greenpeace :)))
Fotografías : Marta Huertas
…
= reforestando na ribeira sacra
05/04/2015
= onde
10/02/2015
coma no 2014 reforestando está na Ribeira Sacra a xerminar baixo terra
(…) e agora está buscando localizacións (ondes) fértiles para reforestar ao longo e ancho da Ribeira Sacra, se alguén ten información algunha ou en propiedade construcción, parede, muro, edificio, etc … susceptible de ser reforestada, este é o momento.
Poden contactar por calquera via…gracias totais!
Reforestando na Ribeira Sacra temporada 2015 é un proxecto financiado polas Ayudas de Creación Injuve.
…
por las causas, consecuencias y multiples contagios
en crechendo y asi sucesivamente
…
= pensar en primer verdor
30/05/2014
= Imos-nos ver ao Covil
18/04/2014
= Monforte
25/03/2014
= ver mais unha vez O Bosquexo do Mundo
15/03/2014
olhar aos olhos, autoconversa só quere vibrar. E ademais quere compartir esa vibración.
Está a crearse e quere ser un onde, onde a desorde temporal non altere o produto. Onde os minutos vaian libremente a mais ou menos de 60 xhora. Pretende conversar co micro e o macro, de tu a ti. E medirse cunha escala que se morde a cola.
Neste momento é un espazo-ficción móbil, dentro do cal se pode observar un ceo ficticio como a realidade mesma; É un espazo onde estar en horizontal; onde abrir os ollos (sentidos), para ver (percibir) todo o alá ao que se queira mirar (percibir), con cantos ollos abertos ou pechados (sentidos) quéirase ver (percibir) e onde ata a desobservación consciente e toda sinestesia son igualmente válidas.
É un experimento de instalación interactiva, no que tanto pesan as estruturas que dan o acubillo, como as vibracións que conteñen. Á fin e ao cabo non se sabe quen sostén a quen. Os observadores son tan benvidos como necesarios e co-protagonistas do sistema en estado de investigacion constante, nesta búsqueda dun espazo-tempo vibrable. Agora está vagamundeando e a xeito de parentesis en tres dimensións, irase instalando (temporalmente) naqueles espazos nos que dun ou outro xeito sexa benvida.
olhar aos olhos, autoconversaquere compartir, e á inversa. Tamén ten oídos e está a buscar, esperando visións sonoras que queiran formar parte da exploración de multi-pluri-observación. Isto é un convite aberto á colaboración sonora infinita.
Todos os sons son benvidos a formar parte do experimento-exploración. E o espazo sonoro está disponible para todos os xéneros, fontes, purezas… tanto se es o creador, como interprete ou portador. Tanto as musicas con 5 estrelas das listas de reproduccion, como improvisacións in situ, algun deses sons nos que sempre te quixeches converter, gravacións cacofónicas, intuicións musicais, revelacións, documentos sonoros, etc, etc. En modo solista ou formato orquestral; As únicas condicións: é que sexan en idioma universal e sexan o estímulo auditivo que desencadee a única ambición de latexar .
O convite é para a participación sonora, ademas de perceptora-observadora, no seguinte encontro- experimento- efémero, que será en Domaio ( Moaña, Pontevedra) nos dias 1 e 2 de febreiro. Entre as 18:00 e as 23:59 .
Actualmente olhar aos olhos, autoconversa está en estado ensaio-erro e así, mais ou menos, está a ser o seu formato:
O espazo-ficción está creado dentro dunha estrutura de tecidos-tenda nómade, en cuxo teito interior se proxecta a video-animacion «olhar aos olhos» (video 5 min, loop continuo), baixo o cal se distribúen coxíns sobre os que comoda e horizontalmente se poida ser/estar e observar o ceo-ficción, complementado dun estímulo auditivo. De modo libre, esta banda sonora estará creada polos asistentes-observadores que: poderán seleccionar a orde das reproducións musicais, previamente dispostas nunha lista modificable de reproduccion (creada á súa vez de forma colectiva coas achegas dos interesados en creala) ou engadir os sons que consideren (baixo a súa responsabilidade) á devandita lista, in situ; así como o control total dos modos repeat e repeat all; ou a posibilidade de electrica ou acusticamente, interpretando/improvisando, en grupo ou como solista, terán a total liberdade de reproducirse musicalmente en vivo (logo de organización e/ou por sorpresa total).
O trato será personalizado, asi que se queres podes achegar un link, enviar un cd regrabable contrarreembolso, presentarte no momento da instalacion cun metalofono ou cun coro en esperanto, mandar un pouco de silencio nun cassete a través dun amigo ou un infinito etc de posibilidades; só comunicate para concretar coordenadas de benvida.
ou di que é un amigo o interesado e aparece por sorpresa.
Cunha única advertencia: isto é un experimento!! Con todo o que iso implica. Pola maxima percepción da vibración, olhar aos olhos, autoconversa quere moitas cousas; como tamén quere que cada quen queira o que queira querer.
e aínda así, todos os oidos son benvidos acompañados ou non de sons!